Nesta sesión realizarase unha introdución ao concepto de Robótica colaborativa e os seus accesorios, vendo as súas características principais e as súas diferenzas coa robótica industrial.
Presentaranse aplicacións de Robótica colaborativa en tódolos sectores.
Esta sesión será impartida por Aitor Fernández García, Enxeñeiro Superior Industrial, Eléctrico con intensificación en Automática, pola Universidade de Vigo. Actualmente está encargado do soporte técnico e vendas dos robots de Universal Robots e MIR para a zona Noroeste de España e teñe ampla experiencia en servizo ós clientes e soporte técnico para a resolución de incidencias.
Dirixida a:
• Persoas emprendedoras e StartUps
• Persoas autónomas e profesionais que queiran lanzar con éxito novas propostas ao mercado.
• Pemes, Micropemes e empresas do territorio que queiran deseñar novos modelos ou liñas de negocio.