FASE DE ACELERACIÓN
Esta fase está dirixida a persoas emprendedoras ou empresas que xa despegaron (testearon o mercado) e contan con vendas, pero precisan consolidarse e crear tracción no ámbito comercial. Ten como obxectivo mellorar a competitividade e escalar o seu crecemento.
Os servizos ofertados son os seguintes:
- Sesións Formativas especializadas en áreas concretas do desenvolvemento de negocio e novas tendencias tecnolóxicas
- Sesións de Mentoring en base ao deseño dun plan de traballo
- Soporte e seguimento da evolución por parte do mentor/a de o proxecto
- Asesoramento para a preparación de eventos de investimento e captación de fondos
Estes servizos darán solidez ao proxecto. A tutelaxe das entidades promotoras e colaboradoras achegará unha rede de mentores e especialistas en diversas materias que axudarán á súa consolidación.