ESPAZO COWORKING
Situado na planta baixa do Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago. Son 11 postos de traballo temporal cuxa cesión e uso detállase no apartado de “Solicitude de Espazo”. Cada posto conta con: mesa, cadeira, taquilla e conexión a internet (fibra óptica/wifi).
SALA NETWORKING
Zona de esparexemento e xeración de reunións informais onde compartir experiencias entre as persoas participantes.
SALA DE PRESENTACIÓNS
Zona en formato auditorio para a execución de presentacións. Conta cunha capacidade máxima de 12 persoas.
ZONA DE DESCANSO
Situada na primeira planta do Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago. Conta con equipamento e mobiliario necesario para poder gozar de aperitivos e cafés.
SALAS DE REUNIÓNS
Zonas destinadas a reunións formais. Conta cun total de tres salas de xuntas totalmente equipadas. A súa capacidade máxima é de 10 persoas.
SHOWROOM TECNOLÓXICO
Contará con xornadas prácticas de demostración así e cursos de formación. Baixo solicitude poderase acceder a utilizar un equipo específico co apoio do noso persoal técnico. Neste espazo perséguese potenciar o uso de ferramentas dixitais, o uso e manexo de Big Data, a implantación de tecnoloxías na nube e a adopción de solucións TIC de xestión empresarial.