Nesta sección atoparás publicacións e recursos sobre os avances tecnolóxicos, investigacións, tendencias e novidades relacionadas coa transformación dixital.
Boletíns de Vixilancia Tecnolóxica
Boletín Automatización
A automatización converteuse nun factor clave para o crecemento e a competitividade das pequenas e medianas empresas (Pemes). O uso de tecnoloxías automatizadas permite aumentar a eficiencia operativa, reducir os custos e mellorar a calidade dos produtos e servizos ofrecidos polas Pemes. Neste boletín preséntanse algunhas tendencias e avances no campo da automatización nas seguintes áreas:
RPA e Robótica Colaborativa.
Plataformas de colaboración en liña.
IoT (Internet das cousas).
Intelixencia Artificial (IA) e Machine Learning (aprendizaxe automática).
Boletín Marketing Dixital
Este boletín ten como obxectivo proporcionar unha visión das últimas tendencias, ferramentas e estratexias que están a transformar o panorama do marketing dixital. Abórdanse seis puntos clave que están a transformar a forma na que as empresas interactúan cos seus clientes e promocionan os seus produtos ou servizos:
O auxe da Intelixencia Artificial no Marketing Dixital.
A consolidación do Video Marketing como unha potente ferramenta de comunicación.
Estratexias de Contido Interactivo para unha participación máis profunda dos usuarios.
O enfoque enriquecido na Experiencia do Usuario para cautivar e reter os clientes.
O crecemento exponencial do Marketing de Influencers como unha estratexia de alto impacto.
O aumento da Personalización e Automatización para impulsar a eficiencia e a efectividade das campañas.
Boletín Comercio Electrónico
Este boletín ten como obxectivo proporcionar unha visión das últimas tendencias, tecnoloxías, ferramentas e estratexias para impulsar as vendas en liña e mellorar a experiencia de compra dos clientes. Abórdanse os seguintes puntos:
Chatbots e Asistentes de compra virtuais para ofrecer un soporte rápido e efectivo aos clientes.
Intelixencia Artificial e Personalización para mellorar a experiencia de compra dos clientes.
Realidade Aumentada (RA) e Realidade Virtual (RV) como novas ferramentas para interactuar en liña cos clientes.
Comercio Electrónico por Voz para axilizar os procesos de compra.
Loxística e Entrega Rápida baseada na automatización e na redución dos tempos de envío.
Boletín Intelixencia Artificial
Este boletín ten como obxectivo proporcionar unha visión das últimas tendencias, tecnoloxías, ferramentas e estratexias sobre o uso da Intelixencia Artificial aplicada nas Pemes. Abordaremos os seguintes puntos:
IA como ferramenta para mellorar a experiencia do cliente.
Automatización intelixente: A combinación da IA e a automatización está a revolucionar a forma na que as empresas operan.
Analítica avanzada: A IA está a impulsar a analítica de datos cara a novas fronteiras. As Pemes poden aproveitar algoritmos de IA para analizar grandes volumes de datos.
IA e creación de contido: A xeración automática de contido, a personalización, a mellora da eficiencia na produción, a análise e a optimización son algunhas das oportunidades que a IA ofrece neste campo.
Boletín Analítica de Datos
Este boletín ten como obxectivo proporcionar unha visión das últimas tendencias, tecnoloxías, ferramentas e estratexias relacionadas coa análise e visualización dos datos.
Análise Predictivo e Prescritivo
Big data na nube
Visualización de datos
Boletín IoT
Este boletín ten como obxectivo coñecer as últimas tendencias, desenvolvementos e retos no campo da IoT en distintos ámbitos (Smart Cities, sensórica, plataformas e industria).
Boletín Realidade Aumentada e Realidade Virtual
Neste boletín exploramos as últimas tendencias e desenvolvementos no campo da realidade aumentada (RA), realidade virtual (RV) e realidade mixta (RM).
Estas tecnoloxías continúan avanzando rapidamente e están transformando numerosos sectores, desde o entretemento ata a educación, a medicina, o turismo ou o retail.
Boletín Sensórica
Neste boletín, exploramos as últimas tendencias e avances na área da sensorización nos campos da industria, saúde e mobilidade.
Boletín Impresión 3D
A impresión 3D deixou de ser unha innovación futurista para converterse nunha ferramenta accesible e transformadora en diversos campos, desde a medicina ata a arquitectura.
Neste boletín, analizamos as principais tendencias e desenvolvementos no campo da fabricación aditiva (Impresión 3D) en diferentes sectores: saúde, moda, industria e sector aeroespacial.
Boletín Industria 4.0
A Industria 4.0 representa unha revolución na maneira en que concibimos e levamos a cabo a produción industrial. Neste novo paradigma, a integración de tecnoloxías avanzadas como a intelixencia artificial, a internet das cousas (IoT), a robótica e a análise de datos, redefine por completo a forma en que operan as empresas. Neste boletín, exploramos algunhas das tendencias e avances máis importantes que se están a producir neste campo.
Guías sobre Habilitadores Dixitais
Guía sobre Cloud Computing
Esta guía proporciona unha visión detallada e completa da computación en nube e os seus diversos aspectos. Abrangue dende a definición básica da computación en nube ata os modelos de servizo (SaaS, PaaS, IaaS), os tipos de nubes (pública, privada, híbrida), as vantaxes e desafíos, así como exemplos de uso en diversas industrias.
Guía sobre Fabricación Aditiva (Impresión 3D)
Esta guía ten como obxectivo principal abordar os conceptos fundamentais da Fabricación Aditiva e as aplicacións avanzadas, explorando procesos, materiais, deseño, software, configuración de impresións, control de calidade e o seu impacto en diversas industrias.
Guía sobre Robótica Colaborativa
Esta guía ten como obxectivo proporcionar unha visión completa e detallada da robótica colaborativa, dende a súa historia e evolución ata a súa aplicación en diversas industrias. Explóranse aspectos clave, como a estrutura mecánica, sensores, programación, seguridade e tendencias futuras neste campo.
Guía sobre Realidade Virtual (RV) Aumentada (RA) e Mixta (RM)
Esta guía ten como obxectivo proporcionar unha visión completa da Realidade Virtual (RV), Aumentada (RA) e Mixta (RM), dende os seus fundamentos ata as súas aplicacións actuais e futuras. Explora estes temas para comprender mellor como estas tecnoloxías están a transformar diversos sectores e como poderían influír no futuro.
Guía sobre IoT
Esta guía sobre Internet das Cousas (IoT) ofrece unha visión completa desta tecnoloxía, dende os seus fundamentos ata as súas aplicacións actuais e futuras. Explora conceptos clave, como sensores, conectividade e seguridade, e analiza como o IoT está a transformar unha ampla gama de sectores, dende a atención médica ata a agricultura e as cidades intelixentes.
Base de datos sobre Tecnoloxías e Ferramentas Dixitais
Esta base de datos é unha fonte de información sobre distintas tecnoloxías e ferramentas dixitais existentes no mercado.
Base de datos
Mapa de proveedores de solucións dixitais
Este mapa é unha fonte de información sobre proveedores de distintos servizos dixitais presentes no territorio.
Mapa de Proveedores
Folla de Ruta de Financiamento
O obxectivo desta guía é identificar e examinar as diversas fontes de financiamento ás que unha startup pode acceder en función da etapa na que se atope.
Folla de Ruta de Financiamento