FASE PRE-INCUBACIÓN
Dirixida a persoas emprendedoras:
- CON IDEAS, que aínda non se lanzaron ao mercado.
- SEN IDEA, pero con espírito emprendedor, que estean dispostas a desenvolver unha idea innovadora no Coworking Dixital, a partir de retos e necesidades expostos dende o CW ou o territorio.
Onde conseguirán obter coñecementos sobre as áreas estratéxicas no desenvolvemento das súas ideas dende un enfoque baseado na dixitalización. Ofreceránse sesións ao través de dous bootcamps levados a cabo mediante metodoloxías e ferramentas innovadoras.
FASE DE INCUBACIÓN
Esta fase está dirixida a persoas emprendedoras ou empresas que se atopen na fase inicial do seu modelo de negocio. Perséguese alcanzar un Produto Mínimo Viable (PMV) para o seu testeo no mercado.
Os servizos de incubación do Coworking da Cámara de Santiago inclúen:
- Sesións Formativas sobre temas clave no desenvolvemento dunha startup e a dixitalización
- Sesións de Tutorización e Mentoring en base ao deseño dun plan de traballo
- Asesoramento para a procura de financiamento
- Soporte e seguimento da evolución por parte do mentor/a do proxecto