Ó longo desta sesión os asistentes aprenderán cales son os aspectos clave nos que débese cimentar a ciberseguridade da súa empresa ou proxecto. Dende a normativa legal que debe implementar a xestión e protección da información de usuarios e clientes, como o uso de aplicacións que protexan o correo electrónico, uso de redes, contrasinais, copias de seguridade... e sobre todo, a saber detectar onde poden estar as ameazas na rede.
Ao final da xornada, o ponente responderá ás dúbidas e consultas específicas que poidan darse en cada caso concreto por parte dos asistentes.
Dirixido a:
- Personas emprendedoras e StartUps
- Persoas autónomas e profesionais
- Pemes, Micropemes e Empresas do territorio
A sesión será impartida por Óscar Vidal, docente de Informática, con máis de seis anos de experiencia no ámbito, e máis concretamente en Ciberseguridade. Coordinador do curso IFCT0109-Nivel 3 de Seguridade Informática, docente do CFGM Sistemas Microinformáticos e Redes e administrador de Sistemas informáticos en Rede.