Asesoramento Integral Personalizado-Roadmap de Transformación Dixital
Ao longo deste asesoramento tentarase resolver dúbidas sobre o que debe facer unha empresa para levar á práctica un proceso de transformación dixital, e os motivos polos que parte do negocio se debe iniciar en dito proceso. É importante planificar correctamente os cambios e involucrar a tódalas áreas da empresa que se vexan afectadas, sen prexuízo das que non se atopen inmersas neste tipo de cambio. Dende a Oficina de Transformación Dixital ofrecerase á empresa interesada un Roadmap cun seguimento e acompañamento por parte do persoal técnico.