O Coworking Dixital Compostela ponse en marcha co obxectivo de potenciar a transformación dixital de persoas emprendedoras, pemes, micropemes e startups do noso territorio.
Dende a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela xestionamos este proxecto co obxectivo de:
· Crear un espazo de referencia para a transformación dixital e la innovación tecnolóxica do noso tecido empresarial.
· Incrementar a creación e consolidación de empresas coa oferta de servizos de deseño e acompañamento dixital.
· Dinamizar o espazo con actividades, xornadas de formación e demostración e eventos de networking.
· Favorecer a creación dun ecosistema empresarial dixital no territorio, así como a xeración de sinerxias competitivas entre as empresas.