
LEGO® Serious Play® é unha metodoloxía de facilitación e co-creación que utiliza o xogo e a construción con bloques LEGO® como ferramenta principal. Esta metodoloxía foi desenvolvida por LEGO® Group e utilízase nunha variedade de contextos, incluíndo a toma de decisións empresariais, o desenvolvemento de equipos, a resolución de problemas e a creatividade.
A través desta interesante ferramenta os participantes poderán desenvolver e visualizar de forma práctica as claves do seu proxecto, dado que a interacción manual e espacial apoian a co-creación de ideas innovadoras. Ademais, o longo do taller, tomando como referencia esta ferramenta, desenvolverase un análise do proxecto e do modelo de negocio xerado.
A sesión será impartida por Pablo López, Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade da Coruña. Certificado en coaching individual e de equipos coa International Coach Community. Facilitador certificado en Metodoloxía LEGO® Serious Play®.