
MIP é unha empresa galega que dende o ano 1996 presta servizos avanzados de consultoría de tecnoloxías da información. As súas áreas de especialidade son o deseño e implantación de sistemas, o soporte técnico e o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas e plataformas software. Son xestores de recursos tecnolóxicos. Rendibilizan os investimentos en tecnoloxía para adaptalas ao plan de negocio. Como provedores de servizos xestionados, apoian os seus clientes para obter a máxima eficiencia dos seus sistemas ou aloxan as súas aplicacións e private Cloud no seu centro de datos con estrutura virtualizada de alta dispoñibilidade. Están especializados no desenvolvemento integral de solucións tecnolóxicas (aplicacións) e programación avanzada a medida para mellorar os procesos de negocio (traballo) dos seus clientes, a súa comunicación, os seus servicios ou a súa comercialización, baseándose na tecnoloxía web e mobile app.
A sesión será impartida por Javier Mancheño, CEO e fundador de MIP, empresa de IT.