Telf.: +34981596800 | Email: coworking@camaracompostela.com

Presenta o teu proxecto: Demoday

Presenta o teu proxecto: Demoday
INFORMACIÓN:
  • Data: Mércores, 29 de Novembro de 2023
  • Hora: 12:00h.
  • Presencial
  • Duración: 2 horas
  • Cámara de Comercio de Santiago de Compostela
  • República Checa, 40 (Santiago de Compostela), 15707, A Coruña
  • O prazo de inscripción rematou.

Nun Demoday, as persoas emprendedoras mostran unha visión xeral do seu negocio, o seu modelo de negocio, o mercado en que se insiren, os fitos alcanzados e os obxectivos futuros. Tamén poden presentar demostracións do seu produto ou servizo e responder preguntas do xurado.

O Demoday é unha oportunidade única para que as persoas emprendedoras dean a coñecer o seu proxecto e obteñan unha retroalimentación valiosa, á vez que poden establecer relacións con outros actores do ecosistema emprendedor. Cada participante dispón de 5 minutos para presentar a súa idea seguido dunha quenda de preguntas. 

Nesta sesión cada proxecto realizará un pitch a modo de adestramento e un xurado composto polo equipo do Coworking Dixital os orientarán nos puntos que deben reforzar tanto da presentación, como do proxecto en xeral, de modo que estean o mellor preparados posible para presentar o proxecto ante investidores, financiadores, ou clientes.

PROGRAMA