Telf.: +34981596800 | Email: coworking@camaracompostela.com

A XESTIÓN INTEGRAL DOS RECURSOS HUMANOS NUNHA ÚNICA PLATAFORMA

A XESTIÓN INTEGRAL DOS RECURSOS HUMANOS NUNHA ÚNICA PLATAFORMA

O pasado venres 24 de Novembro contamos coa experiencia de Javier Mancheño, CEO e fundador de MIP, empresa galega de IT que dende 1996 deseña, implementa, xestiona e coordina todo tipo de proxectos no ámbito das TIC. 

Javier centróuse nas súas solucións para a xestión de Recursos Humanos para grandes empresas, que teñen que lidiar no día a día co cadre do seu persoal e a súa produción, que non sempre é lineal. Hai que poder aproveitar ao máximo estes recursos de forma que se temos que montar un equipo para atender por exemplo, unha chegada de mercadoría, podamos saber de forma inmediata se contamos co supervisor adecuado, técnicos e resto de persoal. Unha das súas aplicacións xera inmediatamente un calendario de traballo con persoal especializado, que mesmo contacta a través dunha app cos propios traballadores aos que  cheganlles as súas quendas asignadas.

Para a xestión de operacións nunha liña de envasado contan con monitorización a pé de fábrica (a través dunha tablet), para que calquera incidencia quede recollida e se reasignen inmediatamente os recursos. Se por exemplo se para a liña, os traballadores que quedan sen actividade nese momento envíanse á parte da fábrica máis adecuada ás súas competencias. 

A xornada englóbase dentro das actuacións do Proxecto Coworking Dixital "CCcompostela" cofinanciado nun 80% polos fondos FEDER que xestiona INCYDE, dentro do Programa Operativo Plurirrexional 2014-2020 dentro do eixe 3: Mellorar a Competitividade das PeMES, Obxectivo Temático 3: Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, e a prioridade de investimento 3ª :  Fomento do espírito empresarial, en particular, facilitando a explotación económica de novas ideas, e promovendo a creación de novas empresas, tamén mediante viveiros. A Excma. Deputación provincial da Coruña achega o 20% restante, no marco do Plan de Emprego Local (PEL). Anualidade 2021.

 

Compartir esta noticia: