Telf.: +34981596800 | Email: coworking@camaracompostela.com

COMO PODE SIMPLIFICAR O TEU DÍA A DÍA UN ERP NO TEU NEGOCIO?

COMO PODE SIMPLIFICAR O TEU DÍA A DÍA UN ERP NO TEU NEGOCIO?

No obradoiro online deste luns 13 de novembro (12:00-14:00) contamos coa experiencia de Camilo Ameijeiras, fundador e CEO de Primate Multimedia Ibérica, S.L., que  foinos desgranando os segredos dos sistemas ERP, as súas modalidades, as súas vantaxes e como poden simplificar o traballo diario nunha empresa ou proxecto.

Esta charla terá continuidade o próximo 23 de novembro cun segundo obradoiro online no que compartirá consellos dunha forma máis práctica e resolverá calquera pregunta que se lle formule sobre o tema. 

No obradoiro do luns partimos da idea básica de que o que non se pode medir, non se pode mellorar. Así que fomos percorrendo os distintos módulos que compoñen un ERP (clientes, proveedores, facturación, RRHH, abastecementos, finanzas...) vendo qué información podemos obter delas dunha forma automática e dende calquera lugar, facilitando a toma de decisións e descentralizando estas, xa que os empregados habilitados teñen acceso a todos eses datos. A información flúe de forma automática entre departamentos. E non só iso, se non que podemos ter controlados qué activos empresariais están parados e buscarlles un uso alternativo.

A xornada englóbase dentro das actuacións do Proxecto Coworking Dixital "CCcompostela" cofinanciado nun 80% polos fondos FEDER que xestiona INCYDE, dentro do Programa Operativo Plurirrexional 2014-2020 dentro do eixe 3: Mellorar a Competitividade das PeMES, Obxectivo Temático 3: Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, e a prioridade de investimento 3ª :  Fomento do espírito empresarial, en particular, facilitando a explotación económica de novas ideas, e promovendo a creación de novas empresas, tamén mediante viveiros. A Excma.  Deputación provincial da Coruña achega o 20% restante, no marco do Plan de Emprego Local (PEL). Anualidade 2021.

 

Compartir esta noticia: