Telf.: +34981596800 | Email: coworking@camaracompostela.com

COMO PRESENTAR UN PROXECTO ANTE INVESTIDORES

COMO PRESENTAR UN PROXECTO ANTE INVESTIDORES

O pasado mércores 22 e de forma presencial no Coworking Dixital Compostela , de 15:30 a 17:30, contamos coa presenza de Roberto Graña, especialista en Emprendemento e Innovación. Viña coa ambiciosa tarefa de ensinar aos asistentes a vender de forma impactante o seu proxecto de emprendemento para ser capaces de captar de forma inmediata a atención dos seus oíntes.

O concepto de Elevator Pitch (traxecto en ascensor) fai referencia a un discurso que ten que durar precisamente iso: o que dura un traxecto en ascensor. Temos que imaxinarnos que de repente coincidimos coa persoa coa que queremos falar do noso proxecto: se non captamos a súa atención nos primeiros vinte segundos, diminúen as nosas posibilidades de éxito.

Ao longo do obradoiro, Roberto deu unhas pautas básicas e marcou un esquema a seguir remarcando que palabras usar e cales evitar, por que é importante a linguaxe corporal e que aspectos clave incluír no noso discurso. A continuación pediu aos asistentes que traballasen en dous grupos, elixindo un proxecto e traballando nesa presentación. Ao expoñelos diante dos demais aprendimos qué aspectos traballar máis e cómo desenvolvelos. O próximo mércores 29 de novembro teremos unha xornada de Demoday na que intentarán presentar o seu discurso xa preparado.  Inscribiros para seguir avanzando e aprendendo dos expertos!

A xornada englóbase dentro das actuacións do Proxecto Coworking Dixital "CCcompostela" cofinanciado nun 80% polos fondos FEDER que xestiona INCYDE, dentro do Programa Operativo Plurirrexional 2014-2020 dentro do eixe 3: Mellorar a Competitividade das PeMES, Obxectivo Temático 3: Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, e a prioridade de investimento 3ª :  Fomento do espírito empresarial, en particular, facilitando a explotación económica de novas ideas, e promovendo a creación de novas empresas, tamén mediante viveiros. A Excma. Deputación provincial da Coruña achega o 20% restante, no marco do Plan de Emprego Local (PEL). Anualidade 2021.

 

Compartir esta noticia: