Telf.: +34981596800 | Email: coworking@camaracompostela.com

DO EXCEL AO ERP PARA XESTIONAR A FACTURACIÓN DA TÚA EMPRESA

DO EXCEL AO ERP PARA XESTIONAR A FACTURACIÓN DA TÚA EMPRESA

O xoves 23 de Novembro en versión online de 12:00 a 14:00 Camilo Ameijeiras, fundador e CEO de Primate Multimedia Ibérica, como continuación ao obradoiro do pasado día 13, deu un paso máis na súa mostra das vantaxes e cambios que un sistema ERP trae consigo a calquera empresa, independentemente do seu tamaño.

Quen non empezou levando a xestión de clientes e proveedores nunha folla de Excel? Algo totalmente suxeito a erros e que ademais implica sempre o uso de varios documentos ou sistemas independentes. Imposible cruzar datos para facer previsións. O ERP de facturación  connvertese así nun elemento esencial de análise dos procesos financeiros da empresa e a súa relación co contorno que a rodea.

Camilo foi desgranando as características que todo ERP debe ter, sobre todo a súa persoalización adaptándoo ás funcións que máis interesen en cada proxecto, que  integrese co resto de ferramentas, e a súa conectividade para compartir información, orzamentos e documentación.

Analizóuse a facturación electrónica, que reduce as cargas administrativas e incrementa a seguridade xurídica no tráfico económico e víronse os prazos actuais que teñen as empresas en función do seu tamaño para adaptarse ao novo marco legal.

A xornada englóbase dentro das actuacións do Proxecto Coworking Dixital "CCcompostela" cofinanciado nun 80% polos fondos FEDER que xestiona INCYDE, dentro do Programa Operativo Plurirrexional 2014-2020 dentro do eixe 3: Mellorar a Competitividade das PeMES, Obxectivo Temático 3: Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, e a prioridade de investimento 3ª :  Fomento do espírito empresarial, en particular, facilitando a explotación económica de novas ideas, e promovendo a creación de novas empresas, tamén mediante viveiros. A Excma.  Deputación provincial da Coruña acheg o 20% restante, no marco do Plan de Emprego Local (PEL). Anualidade 2021.

 

Compartir esta noticia: