Telf.: +34981596800 | Email: coworking@camaracompostela.com

OS PRINCIPIOS QUE SIMPLIFICARÁN O TEU PROXECTO PARA CENTRARTE NA XERACIÓN DE VALOR.

OS PRINCIPIOS QUE SIMPLIFICARÁN O TEU PROXECTO PARA CENTRARTE NA XERACIÓN DE VALOR.

O pasado xoves 16 de novembro tivemos a sorte de contar con Alejandro Martín (Scrum Master, Professional Scrum Product Owner e Official Kanban Practitioner), experto en ferrramentas de xestión áxiles. 

Nunha entretida sesión online fomos descubrindo as orixes de toda esta terminoloxía que inunda actualmente seminarios e obradoiros sobre xestión de proxectos, e que a veces pensamos erróneamente que só son aplicables a grandes e custosos proxectos. 

De feito, o quid dun equipo áxil é por un lado ser o suficientemente pequeno para facilitar a toma de decisións, e dispoñer da axilidade para responder aos cambios que sempre  producense sobre o plan inicial e ser o suficientemente multidisciplinar para buscar as solucións dende ángulos pouco convencionais.

Alejandro  explicounos que o modelo de produción de Toyota revolucionou a produción das cadeas de montaxe pero a súa filosofía pódese aplicar a un proxecto de desenvolvemento de software, á xestión dun restaurante ou a túa apretada axenda laboral e persoal.

Quedamos emprazados para o seu seguinte obradoiro do 27 de novembro no que coñeceremos que ferramentas  disruptivas podemos aplicar para fomentar o traballo colaborativo nos equipos das nosas organizacións áxiles.

A xornada englóbase dentro das actuacións do Proxecto Coworking Dixital "CCcompostela" cofinanciado nun 80% polos fondos FEDER que xestiona INCYDE, dentro do Programa Operativo Plurirrexional 2014-2020 dentro do eixe 3: Mellorar a Competitividade das PeMES, Obxectivo Temático 3: Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, e a prioridade de investimento 3ª :  Fomento do espírito empresarial, en particular, facilitando a explotación económica de novas ideas, e promovendo a creación de novas empresas, tamén mediante viveiros. A Excma.  Deputación provincial da Coruña achega o 20% restante, no marco do Plan de Emprego Local (PEL). Anualidade 2021.

 

Compartir esta noticia: