Telf.: +34981596800 | Email: coworking@camaracompostela.com

PEOPLE ANALYTICS: VER MÁIS, VER DIFERENTE, VER MELLOR

PEOPLE ANALYTICS: VER MÁIS, VER DIFERENTE, VER MELLOR

O martes 12 de Decembro de 10:00 a 12:00 contamos coa presenza no Coworking Dixital Compostela de Cristóbal Rodríguez Fraile, CEO de HRscout, empresa centrada na comercialización de solucións e consultoría na área de People Analytics, actividade que desenvolve xunto coa coordinación e docencia no Máster en dita materia na UNED.

Ao obradoiro asistiron representantes dos departamentos de Recursos Humanos da demarcación interesados en aprender e implementar unha nova forma de procesar os datos e información das persoas que traballan nas súas organizacións, incorporando evidencias obxectivas do seu comportamento, para unha visión moito máis completa e integrada do empregado.

Debemos manexar tres esferas no terreo da información: a estruturada, a non estruturada e a información relacional, dado que as empresas son contornos de interacción, só coñeceremos completamente o que pasa na nosa compañía se sabemos cómo interaccionan os empregados. Se manexamos correctamente os datos, tomaremos decisións máis xustas. People Analytics representa un cambio de paradigma.

Na sesión Cristóbal foi resolvendo as dúbidas formuladas polos asistentes en relación á implementación deste novo enfoque e sobre todo, cómo lograr que os empregados entendan e participen no proceso.

A xornada englóbase dentro das actuacións do Proxecto Coworking Dixital "CCcompostela" cofinanciado nun 80% polos fondos FEDER que xestiona INCYDE, dentro do Programa Operativo Plurirrexional 2014-2020 dentro do eixe 3: Mellorar a Competitividade das PeMES, Obxectivo Temático 3: Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, e a prioridade de investimento 3ª :  Fomento do espírito empresarial, en particular, facilitando a explotación económica de novas ideas, e promovendo a creación de novas empresas, tamén mediante viveiros. A Excma. Deputación provincial da Coruña achega o 20% restante, no marco do Plan de Emprego Local (PEL). Anualidade 2021.

 

Compartir esta noticia: