Telf.: +34981596800 | Email: coworking@camaracompostela.com

PLATAFORMAS PARA DIXITALIZAR AS TAREFAS E O TRABALLO COLABORATIVO

PLATAFORMAS PARA DIXITALIZAR AS TAREFAS E O TRABALLO COLABORATIVO

No obradoiro online do pasado luns 27, Alejandro Martín (formador e consultor en ferramentas de xestión áxiles) continuou afondando nas metodoloxías de xestión de proxectos e equipos que xa iniciara no seu obradoiro do pasado día 16.  

Alejandro partiu das orixes do Kanban (coa guía publicada por David J. Anderson), pasando polas xa icónicas pizarras brancas divididas en sectores (to do-doing-one) cubertas con post-its que simplifican as tarefas para poder dividir e avaliar o desenvolvemento dun proxecto complexo.  Todo iso ata chegar á súa versión dixitalizada.

Agora podemos crear estes paneis (pizarras brancas) a través de plataformas de traballo colaborativo, moitas delas gratuítas e con versións de pagamento en versión premium. Fomos percorrendo online as ofertas de Kanbanize, Miro, Trello, Asana, e algunha pensada para proxectos máis complexos, como Gantter. Nas de pagamento dispoñemos de versións de proba dun mes habitualmente que nos permiten comprobar a súa adecuación. Á hora de elixir a adecuada non só teremos en conta o tipo de proxecto se non tamén o número de integrantes do equipo que van traballar sobre o panel, e a dispoñibilidade de versións tanto en escritorio como en móbil para que nos vaian saltando as alertas a medida que avanzamos no proxecto.

A xornada englóbase dentro das actuacións do Proxecto Coworking Dixital "CCcompostela" cofinanciado nun 80% polos fondos FEDER que xestiona INCYDE, dentro do Programa Operativo Plurirrexional 2014-2020 dentro do eixe 3: Mellorar a Competitividade das PeMES, Obxectivo Temático 3: Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, e a prioridade de investimento 3ª :  Fomento do espírito empresarial, en particular, facilitando a explotación económica de novas ideas, e promovendo a creación de novas empresas, tamén mediante viveiros. A Excma. Deputación provincial da Coruña achega o 20% restante, no marco do Plan de Emprego Local (PEL). Anualidade 2021.

 

Compartir esta noticia: