Telf.: +34981596800 | Email: coworking@camaracompostela.com

SACYR COMO CASO DE ÉXITO NA PERSOALIZACIÓN DA XESTIÓN DE RRHH

SACYR COMO CASO DE ÉXITO NA PERSOALIZACIÓN DA XESTIÓN DE RRHH

O pasado martes 12 de decembro ofrecimos no noso espazo do Coworking Dixital Compostela unha mostra de éxito na implantación da metodoloxía People Analytics na xestión dos Recursos Humanos. 

Coordinados por Cristóbal Rodríguez Fraile, CEO en HRscout empresa, realizamos unha conexión por video conferencia con Irene Iturzaeta Ichaso (SACYR I&I Head of Talent & Diversity) e con Miguel Ángel Rodríguez Molina (HR Analytics & HR Dixital Transfomation en Sacyr).

Irene  explicounos a ferramenta de xestión curricular que implementaron (My Experience), ferramenta que en tempo real ofrece datos persoais, postos, xefes, proxectos, persoas a cargo, coñecementos, entrevistas de seguimento... de forma que o que antes  tiñase que solucionar chamando entre países e preguntando quen podía ser experto en determinadas construcións ou materiais, agora obtense de forma áxil e actualizada. Esta información pode ser utilizada non só polos departamentos técnicos ou de persoal, se non que cando a empresa  preséntase a un concurso público ten esa información totalmente dispoñible.

Miguel Ángel compartiu con nós dous proxectos: Segmentación de traballadores e Enquisas de Analítica de contido, sentimento e emoción. Se coñecemos ben cal é o ciclo de vida do empregado na compañía podemos anticiparnos a ese momento no cal  podese plantexar  abandonala dado que as súas competencias  incrementaronse e tocou teito nas súas funcións. Vimos exemplos de perfís de empregado onde podemos situar á nosa xente, obtendo unha valiosísima información para establecer estratexias concretas en función dos resultados.

A xornada englóbase dentro das actuacións do Proxecto Coworking Dixital "CCcompostela" cofinanciado nun 80% polos fondos FEDER que xestiona INCYDE, dentro do Programa Operativo Plurirrexional 2014-2020 dentro do eixe 3: Mellorar a Competitividade das PeMES, Obxectivo Temático 3: Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, e a prioridade de investimento 3ª :  Fomento do espírito empresarial, en particular, facilitando a explotación económica de novas ideas, e promovendo a creación de novas empresas, tamén mediante viveiros. A Excma. Deputación provincial da Coruña achega o 20% restante, no marco do Plan de Emprego Local (PEL). Anualidade 2021.

 

Compartir esta noticia: