Telf.: +34981596800 | Email: coworking@camaracompostela.com

Eventos

Presentación de axudas á transformación dixital.

Presentación de axudas á transformación dixital.

A xornada enfócase en ofrecer información sobre as axudas e recursos dispoñibles para apoiar a transformación dixital das empresas. Analízanse os programas de subvencións, financiamento e outras iniciativas que poden facilitar a implementación de proxectos de transformación dixital.

ler máis
Como atraer e reter talento na empresa? A importancia do equipo

Como atraer e reter talento na empresa? A importancia do equipo

O obxectivo da xornada enfócase en proporcionar ás persoas participantes unha visión global sobre como atraer e reter talento nas empresas, ofrecendo ferramentas e coñecementos prácticos sobre liderado, procesos de selección e creación dunha cultura empresarial atractiva.

ler máis
Leva a cabo a túa primeira impresión 3D

Leva a cabo a túa primeira impresión 3D

Neste obradoiro práctico terás a oportunidade de coñecer e experimentar con diferentes tipos de impresoras 3D e materiais de impresión.  Ao través dunha demostración guiada, aprenderás o proceso completo de deseño e fabricación dunha peza utilizando equipos de impresión 3D. Ademáis, analizaránse as posibles aplicacións desta tecnoloxía en distintos sectores, achegando unha visión completa das oportunidades que esta tecnoloxía pode ofrecer aos seus negocios ou proxectos persoais.

ler máis
Wapping: unha solución de intelixencia de cliente e fidelización omnicanal

Wapping: unha solución de intelixencia de cliente e fidelización omnicanal

A sesión está orientada a coñecer as  oportunidades que ofrece o Big Data e o Mobile Marketing no sector retail ao través da experiencia de Wapping, e como o manexo dos datos datos mellora a fidelización e venda no negocio.

ler máis
O modelo de negocio no emprendemento dixital

O modelo de negocio no emprendemento dixital

Neste obradoiro práctico traballarase para dar forma á idea empresarial ao través de áreas clave do negocio: segmentos de mercado, proposta de valor diferencial, canles de distribución, relacións cos clientes, fontes de ingresos, recursos, socios, actividades clave e estrutura de custos. Na sesión utilizarase o Business Model Canvas, unha ferramenta visual que fomenta a innovación á vez que potencia a creatividade e a análise do modelo de negocio.

ler máis
O Digital Journey Map. Como poden axudarme as novas tecnoloxías na mellora da competitividade da miña empresa?

O Digital Journey Map. Como poden axudarme as novas tecnoloxías na mellora da competitividade da miña empresa?

A sesión está orientada a coñecer as claves e beneficios da transformación dixital como panca de mellora da competitividade da empresa ao través da incorporación de distintas tecnoloxías existentes no mercado. Ademáis, traballarase coa ferramenta Digital Journey Map para deseñar e incorporar a dixitalización nas distintas fases da actividade da empresa

ler máis
A impresión 3D: é unha solución para o meu negocio?

A impresión 3D: é unha solución para o meu negocio?

A sesión está orientada a coñecer as claves e oportunidades na fabricación aditiva ao través da impresión 3D e a súa aplicación en diferentes sectores como a repostaría, a carpintaría, a automoción ou a Industria 4.0. Traballarase sobre os beneficios que aporta para a fabricación baixo demanda, a redución de custos e o aumento da eficiencia nos procesos produtivos. Presentaránse, ademáis, casos de éxito e as últimas tendencias no mercado.

ler máis
BOOTCAMP DE EMPRENDEMENTO

BOOTCAMP DE EMPRENDEMENTO

Este programa ten como obxectivo traballar durante 5 días sobre as áreas estratéxicas dun proxecto de emprendemento para transformar ideas en modelos de negocio validados no mercado.

As persoas participantes adquirirán coñecementos no deseño da idea, nas estratexias de produto baseadas na clientela obxectivo, na construción de produtos áxiles para lanzar ao mercado e nas distintas fórmulas de financiamento para a StartUp. 

Xornada 1 (24 Abril de 15:30 a 19:30 h): "Da idea ao modelo de negocio"

Xornada 2 (25 Abril de 15:30 a 19:30 h): "Quen é o meu cliente?"

Xornada 3 (26 Abril de 15:30 a 19:30 h): "O Digital Journey Map: que tecnoloxías podo incorporar?"

Xornada 4 (27 Abril de 15:30 a 19:30 h): "Constrúe o teu Produto Mínimo Viable"

Xornada 5  (28 Abril de 15:30 a 19:30 h): "Etapas e necesidades de finanaciamento da StartUp"

ler máis
Introdución á visión artificial e as súas posibles aplicacións

Introdución á visión artificial e as súas posibles aplicacións

Esta xornada ten como obxectivo dar a coñecer as posibilidades que ofrece a visión artificial en diferentes contextos empresariais. Traballarase sobre as súas potenciais aplicacións, os elementos que hai que ter en conta para o seu desenvolvemento, as opcións de programación e os posibles usos da intelixencia artificial aplicada á visión. 

ler máis
Xestión do cambio para a dixitalización

Xestión do cambio para a dixitalización

Esta xornada ten como obxectivo aprender a xestionar a implementación dos procesos de transformación dixital con éxito, e coñecer 
os seus beneficios e impacto no negocio. Á hora de levar a cabo un proceso de transformación dixital faise necesario implementar unha estratexia para xestionar os aspectos relacionados coas persoas e a organización e así lograr os resultados desexados, é dicir, fomentar a adaptación das persoas dunha organización cara a novas formas de traballo, de tal maneira que o impacto sobre a produtividade sexa mínimo.

ler máis