Telf.: +34981596800 | Email: coworking@camaracompostela.com

Eventos

O plan de empresa na StartUp

O plan de empresa na StartUp

O obxectivo desta sesión é que tanto persoas emprendedoras como StartUps aprendan a elaborar un plan de empresa que sexa tanto unha carta de presentación ante terceiros (inversores, colaboradores, entidades financeiras, clientes...) como unha folla de ruta da estratexia do seu negocio para saber reaccionar ante as distintas continxencias.

 

ler máis
Conceptos básicos de ciberseguridade para empresas

Conceptos básicos de ciberseguridade para empresas

O obxectivo desta sesión é que os asistentes comprendan cales son as ameazas e vulnerabilidades ás que se expón unha empresa a través da internet, que tipo de ataques informáticos poden sufrir e que medidas poden empregarse para protexerse deles.

ler máis
CRM: a ferramenta clave para impulsar as túas vendas

CRM: a ferramenta clave para impulsar as túas vendas

O obxectivo da xornada CRM é proporcionar aos participantes os coñecementos e habilidades necesarias para implementar e utilizar de forma eficaz un sistema CRM, co fin de optimizar as relacións comerciais e mellorar a satisfacción dos clientes. Ao final do día, os participantes poderán maximizar o potencial do CRM e obter vantaxes competitivas nas súas respectivas organizacións.

ler máis
A Proposta de Valor no emprendemento tecnolóxico-dixital.

A Proposta de Valor no emprendemento tecnolóxico-dixital.

O obxectivo da sesión  é aprender en que consiste a proposta de valor dun proxecto de emprendemento e traballar as distintas áreas que a compoñen para xerar un posicionamento diferencial.  As persoas participantes adquirirán coñecementos en como detectar os aspectos ou variables que realmente valora o cliente. Traballaránse os principais factores que interveñen no deseño e no desenvolvemento de propostas de valor exitosas, ao través do lenzo Canvas. 

ler máis
Deseña o teu MPV dixital (produto mínimo viable) con Agile

Deseña o teu MPV dixital (produto mínimo viable) con Agile

Os participantes estarán equipados cos coñecementos e ferramentas necesarias para deseñar e desenvolver un MPV dixital de forma áxil, que lles permita responder de forma rápida e eficaz ás necesidades cambiantes dos usuarios e maximizar as posibilidades de éxito comercial no actual entorno dixital. 

ler máis
O Roadmap da transformación dixital: Como podo levar a cabo a transformación dixital na miña empresa?

O Roadmap da transformación dixital: Como podo levar a cabo a transformación dixital na miña empresa?

Os participantes coñecerán esta metodoloxía Roadmap da transformación dixital, e comprenderán como analizar os diferentes puntos relevantes e críticos do seu proxecto para avaliar e implementar con éxito o cambio e a dixitalización nas diferentes áreas dos seus negocios.

ler máis
Innovación aberta e Cocreación: constrúe solucións a retos empresariais

Innovación aberta e Cocreación: constrúe solucións a retos empresariais

Estas xornadas teñen como obxectivo que as persoas participantes adquiran coñecementos prácticos sobre o proceso de innovación de solucións a desafíos empresariais plantexados.
Ao través de procesos guiados e mediante metodoloxías e ferramentas baseadas en Design Thinking, as persoas participantes aprenderán un enfoque sistemático e creativo para identificar oportunidades, xerar ideas innovadoras e deseñar solucións viables para diferentes desafíos empresariais.

ler máis
Fontes de financiamento: deseña a túa folla de ruta segundo a fase da túa empresa

Fontes de financiamento: deseña a túa folla de ruta segundo a fase da túa empresa

Esta xornada ten como obxectivo que as persoas participantes adquiran coñecementos prácticos sobre as fontes de financiamento internas e externas en cada etapa da empresa, incluíndo o financiamento propio, business angels, o capital de risco, o financiamento da débeda e o crowdfunding, entre outros.

ler máis
Que son os habilitadores dixitais e como podo aplicalos? Ferramentas de Intelixencia Artificial para a creación de contidos de marketing.

Que son os habilitadores dixitais e como podo aplicalos? Ferramentas de Intelixencia Artificial para a creación de contidos de marketing.

O obxectivo principal da xornada é proporcionar ás persoas asistentes unha comprensión sólida sobre o uso das ferramentas de intelixencia artificial dispoñibles no mercado, que lles permitirán mellorar a súa estratexia de marketing. Presentaranse exemplos prácticos e demostracións en directo das ferramentas, o que axudará aos asistentes a comprender como poden axilizar e mellorar o proceso de xeración de contido.

ler máis
Deseña a estratexia dixital: analítica, posicionamento e crecemento.

Deseña a estratexia dixital: analítica, posicionamento e crecemento.

Esta xornada ten como obxectivo que as persoas participantes adquiran coñecementos prácticos sobre cómo preparar a súa web, implementar estratexias dixitais efectivas e utilizar as canles de marketing adecuados. Ademais, aprenderán a avaliar o estado actual do seu posicionamento en liña e a deseñar accións necesarias para mellorar a súa visibilidade con campañas nas diferentes canles dixitais.

ler máis