Telf.: +34981596800 | Email: coworking@camaracompostela.com

Eventos

Avanzando cara á dixitalización cun ERP na túa empresa.

Avanzando cara á dixitalización cun ERP na túa empresa.

O obxectivo desta sesión é realizar unha presentación dun sistema ERP, para coñecer as súas funcionalidades e vantaxes, e cómo se implementaría a súa posta en marcha.
ler máis
Innovación aberta e Cocreación: constrúe solucións a retos empresariais

Innovación aberta e Cocreación: constrúe solucións a retos empresariais

Estas xornadas teñen como obxectivo que as persoas participantes adquiran coñecementos prácticos sobre o proceso de innovación de solucións a desafíos empresariais plantexados.
Ao través de procesos guiados e mediante metodoloxías e ferramentas baseadas en Design Thinking, as persoas participantes aprenderán un enfoque sistemático e creativo para identificar oportunidades, xerar ideas innovadoras e deseñar solucións viables para diferentes desafíos empresariais.

ler máis
Aprende a deseñar campañas de Marketing Dixital con Chat GPT

Aprende a deseñar campañas de Marketing Dixital con Chat GPT

O obxectivo principal deste taller é brindar aos participantes unha comprensión sólida das vantaxes e aplicacións estratéxicas de utilizar Chat GPT na creación de contidos para o marketing dixital. Os asistentes aprenderán a aproveitar a potencia desta avanzada tecnoloxía de procesamento da linguaxe natural para xerar contido de alta calidade de maneira eficiente e efectiva. Exploraremos como Chat GPT pode impulsar a creatividade, mellorar a automatización de tarefas repetitivas e persoalizar mensaxes para audiencias específicas. 
Nesta xornada descubriranse as vantaxes de usar Chat GPT para crear meta descricións e etiquetas de título que melloren o SEO do noso sitio web, para analizar os nosos datos e suxerirnos campañas optimizadas para Google Ads e Facebook Ads, e para crear un feed de Instagram que atraia á nosa audiencia.

ler máis
BOOTCAMP DE EMPRENDEMENTO

BOOTCAMP DE EMPRENDEMENTO

Este programa ten como obxectivo traballar durante 5 días sobre as áreas estratéxicas dun proxecto de emprendemento para transformar ideas en modelos de negocio validados no mercado.

As persoas participantes adquirirán coñecementos no deseño da idea, nas estratexias de produto baseadas na clientela obxectivo, na construción de produtos áxiles para lanzar ao mercado e nas distintas fórmulas de financiamento para a StartUp. 

Xornada 1 (23 Outubro de 15:30 a 19:30 h): "Da idea ao modelo de negocio"

Xornada 2 (24 Outubro de 15:30 a 19:30 h): "O Digital Journey Map: que tecnoloxías podo incorporar?"

Xornada 3 (25 Outubro de 15:30 a 19:30 h): "Constrúe o teu Produto Mínimo Viable"

Xornada 4 (26 Outubro de 15:30 a 19:30 h): "Quen é o meu cliente dixital?"

Xornada 5  (27 Outubro de 15:30 a 19:30 h): "Etapas e necesidades de finanaciamento da StartUp"

ler máis
Xornada práctica de robótica colaborativa

Xornada práctica de robótica colaborativa

O obxectivo deste obradoiro práctico e presencial é que os asistentes poidan experimentar en primeira persoa as funcionalidades da Robótica colaborativa, e cómo o seu uso permite crear contornos máis seguros e eficientes de produción.

 

ler máis
A xestión da innovación nas empresas tecnolóxicas e dixitais

A xestión da innovación nas empresas tecnolóxicas e dixitais

O obxectivo deste obradoiro é que os asistentes se familiaricen coas ferramentas e pasos que terán que aplicar no proceso de mellora continua que implica  a Xestión da Innovación no seu  proxecto, entendéndoa como un proceso aberto a outros axentes.

 

ler máis
Estratexias dixitais para acadar resultados en social media

Estratexias dixitais para acadar resultados en social media

O obxectivo desta sesión é que as persoas participantes identifiquen a importancia para os seus proxectos da súa pegada dixital nas redes sociais e seguidamente, aprendan a planificar un plan de marketing dixital, que lles de notoriedade e visibilidade dunha forma eficiente, para xerar máis e mellores oportunidades comerciais a través de internet, con menos recursos e máis resultados.

ler máis
A robótica colaborativa na industria moderna

A robótica colaborativa na industria moderna

O obxectivo deste obradoiro é realizar unha aproximación ás aplicacións prácticas da Robótica colaborativa, e como ésta pode mellorar a automatización de tarefas e a eficiencia dos procesos. 

 

ler máis
Tes unha pequena empresa? Aprende a crear as túas campañas en Google Ads.

Tes unha pequena empresa? Aprende a crear as túas campañas en Google Ads.

O obxectivo deste obradoiro de demostración é que os asistentes aprendan dunha forma práctica a configurar o seu perfil de empresa en Google, creando a súa conta de Google Ads e as súas propias campañas de publicidade, que  axudaranlles a posicionarse de forma clara e destacada fronte á súa competencia.

ler máis
Procura de financiamento e estados financeiros.

Procura de financiamento e estados financeiros.

O obxectivo desta xornada é dotar as persoas participantes dos coñecementos de partida necesarios para entender a composición dos estados financeiros da empresa e como estes evolucionan nas distintas etapas facendo necesario unha adaptación das fontes de financiamento máis adecuadas en cada momento.
Isto traducirase en xerar as habilidades necesarias para tomar decisións financeiras sólidas e maximizar o crecemento da empresa.

 

ler máis