Telf.: +34981596800 | Email: coworking@camaracompostela.com

Eventos

Investors Day

Investors Day

O obxectivo desta xornada é que tanto as iniciativas que pasaron polo Coworking a través de obradoiros ou asesoramentos como outras desenvolvidas no contorno da demarcación poidan entender e analizar as distintas vías para a busca de financiamento e as mellores formas de facelo.  A xornada contará con entidades públicas e privadas de investimento  nunha mesa redonda en colaboración co persoal da Cámara.

 

 

ler máis
A visión global do empleado e o camiño cara á persoalización da xestión.

A visión global do empleado e o camiño cara á persoalización da xestión.

O obxectivo deste obradoiro é mostrar a través do caso de éxito nunha gran empresa como Sacyr, como o People Analytics abre un novo mundo na xestión das persoas e o talento, poñendo en valor a experiencia de empregado como xeradora de valor para a organización.

 

 

ler máis
PEOPLE ANALYTICS: Ver máis, ver diferente, ver mellor

PEOPLE ANALYTICS: Ver máis, ver diferente, ver mellor

Neste obradoiro abordaremos a metodoloxía de People Analytics e o seu desenvolvemento, partindo dun enfoque multidimensional do empregado, dende unha visión descritiva a unha visión analítica. 

O obxectivo desta sesión é dotar as empresas e empregadores das ferramentas básicas para a correcta selección de candidatos, así como a visión multidimensional do empregado, que  permitalles fomentar un clima tanto de benestar emocional como de máxima expresión das súas capacidades e aptitudes, logrando con iso a captación e retención do talento.

 

 

ler máis
Presenta o teu proxecto: Demoday

Presenta o teu proxecto: Demoday

O obxectivo desta sesión é que os participantes aprendan a expoñer e comunicar o seu proxecto para despertar o interese de investidores ou clientes, ó mesmo tempo que obteñen un valioso feedback dun xurado experto.

 

ler máis
Aplicación das tecnoloxías disruptivas para o escalado da StartUp.

Aplicación das tecnoloxías disruptivas para o escalado da StartUp.

Os participantes coñecerán o Cloud Computing, e como esta tecnoloxía disruptiva pode transformar o seu negocio, axudando moito ao traballo colaborativo, a escalabilidade dos seus proxectos, o acceso remoto, a innovación e eficiencia continuas e a redución de custos. Ademais, aterrando estas vantaxes, dando a coñecer dun xeito práctico ferramentas actuais empregadas como Trello, Planner, Miro, Mural ou Google drive.
ler máis
MIP: unha solución tecnolóxica a medida para optimizar o teu negocio

MIP: unha solución tecnolóxica a medida para optimizar o teu negocio

O obxectivo desta sesión é que os asistentes aprendan a mellorar e optimizar procesos de recursos humanos e tarefas simplificando a xestión e organización. En particular coñeceremos unha solución tecnolóxica de última xeración que substitúe a planificación manual dos calendarios de traballo ao implementar o seu control automatizado e a súa xestión personalizada na planificación das quendas de traballo.
ler máis
Implementación exitosa dun ERP na facturación e cobros da túa empresa: un enfoque práctico

Implementación exitosa dun ERP na facturación e cobros da túa empresa: un enfoque práctico

O obxectivo desta sesión é dar continuación á parte introdutoria e de aproximación ao ERP que xa vimos para analizar un caso práctico de xestión de clientes, facturación e cobros.
ler máis
Como presento o meu proxecto ante investidores?

Como presento o meu proxecto ante investidores?

O obxectivo deste obradoiro é que as persoas emprendedoras aprendan o que é un Elevator Pitch, a súa secuencia e estrutura, cómo construílo e as claves dos distintos enfoques (investidores, networking, vendas). Traballarán sobre o seu proxecto de maneira que poidan perfeccionar o seu propio pitch.

 

ler máis
Organizacións áxiles. Ferramentas para a xestión de proxectos dixitais.

Organizacións áxiles. Ferramentas para a xestión de proxectos dixitais.

Nesta xornada podrás obter unha visión de cales son as diferentes solucións para a xestión de proxectos e cal é a máis adecuada para cada tipo de contexto. Destacando e explicando a importancia para proxectos e equipos da adopción de ferramentas como Kanban ou marcos áxiles como Scrum, que permiten construír e xestionar proxectos e procesos dun xeito indiscutiblemente máis eficiente e eficaz.
ler máis
Avanzando cara á dixitalización cun ERP na túa empresa.

Avanzando cara á dixitalización cun ERP na túa empresa.

O obxectivo desta sesión é realizar unha presentación dun sistema ERP, para coñecer as súas funcionalidades e vantaxes, e cómo se implementaría a súa posta en marcha.
ler máis